06 mayo, 2006

MIÑA NAI, qué día!

Mom´s day...
mañán é o día adicado ás nosas nais, que ben merecido o teñen as pobres (fartas moitas de aguantarnos tódolos días do ano)...
vin pola rede que nalgún outro país aínda se celebra o seguinte domingo día 14 (eles saberán o porqué)...
pois sí, desde a miña bitácora felicito a todas as nais do mundo...
é un día especial, así que o mellor e invitalas a comer fóra (nun sitio tranquilo e agradable) para que elas se tomen un respiro e poidan disfrutar na compañía dos seus dun bo xantar e sobremesa...
non quero facer publicidade gratuita (tampouco me van a pagar) pero un restaurante moi recomendable cunhas vistas estupendas da ría de Betanzos é "A Cabana" en Fiobre, Bergondo, tén moitos parabéns: servizo moi atento, platos de primeira calidade e cociña exquisita emagnífica bodega...tan só necesita unha pequena reforma o local xa que tén moitos anos...outro inconvinte para algunhas economías é o prezo, caro, salvo que elixamos o menú do día a 20 €, merece a pena probar...recomendación: filloas recheas de centolo.
Aproveitade pois a ocasión e dádelle un descansiño as nosas sufridiñas nais...
Hoxe o acompañamento musical chega do Brasil da mán de Daude e Djavan.