06 mayo, 2006

MIÑA NAI, qué día!

Mom´s day...
mañán é o día adicado ás nosas nais, que ben merecido o teñen as pobres (fartas moitas de aguantarnos tódolos días do ano)...
vin pola rede que nalgún outro país aínda se celebra o seguinte domingo día 14 (eles saberán o porqué)...
pois sí, desde a miña bitácora felicito a todas as nais do mundo...
é un día especial, así que o mellor e invitalas a comer fóra (nun sitio tranquilo e agradable) para que elas se tomen un respiro e poidan disfrutar na compañía dos seus dun bo xantar e sobremesa...
non quero facer publicidade gratuita (tampouco me van a pagar) pero un restaurante moi recomendable cunhas vistas estupendas da ría de Betanzos é "A Cabana" en Fiobre, Bergondo, tén moitos parabéns: servizo moi atento, platos de primeira calidade e cociña exquisita emagnífica bodega...tan só necesita unha pequena reforma o local xa que tén moitos anos...outro inconvinte para algunhas economías é o prezo, caro, salvo que elixamos o menú do día a 20 €, merece a pena probar...recomendación: filloas recheas de centolo.
Aproveitade pois a ocasión e dádelle un descansiño as nosas sufridiñas nais...
Hoxe o acompañamento musical chega do Brasil da mán de Daude e Djavan.

10 Comments:

Blogger donacoca said...

no conocía tu blog, pues no te tenía en mi lista, lo he leído todo y me parece muy bueno.Estupenda la recomendación para el día de la madre, aunque madre se es todos los días y llevarla a comer fuera un domingo que otro no esta nada mal.
Aprovecha si la tienes, que despues nada es igual, aunque tengas sesenta años. un biquiño

lunes, mayo 08, 2006 8:42:00 p. m.  
Blogger Suso Roibal said...

Graciñas, donacoca...
Sempre é bo lembrar aos seres queridos, estean ou non connosco.
Este tipo de días ou celebracións tales como o Nadal, a algunha xente igual lles traen recordos algo negativos por botar en falta a persoas que xa non nos acompañan pero, de tódolos xeitos debemos acordarnos de aspectos positivos e ter lembranzas boas da nosa xente e con elo fortalecer o noso interior.
E xa sei que nai non hai mais que unha.
Tamén é moi acertado dicir que se é nai desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro: así que cada día debe ser o día da nai.

lunes, mayo 08, 2006 8:57:00 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Eu coñezo e tamén o recomendo :-)

jueves, mayo 11, 2006 4:12:00 p. m.  
Blogger donacoca said...

teño un libriño de cociña do ano 1840, é moi interesante, si queres algún día falaremos del

miércoles, mayo 24, 2006 11:36:00 a. m.  
Blogger Amadora said...

Qué pasou dieta galega?? O día da nai debiches coller un empacho de comida ou algo así que xa non nos contas máis da nosa gastronomía ¿¿ ou qué??

sábado, junio 10, 2006 10:08:00 p. m.  
Blogger Amadora said...

Bueno, con un poquiño de sorte e a este paso, ó millor temos unha recomendación gastronómica túa para Navidad... veña nos sexas perezoso, que este blog co simpático que é, é unha mágoa que o deixes tan soiño e abandonado...

jueves, julio 06, 2006 1:14:00 a. m.  
Blogger Suso Roibal said...

pois sí Amadora...
teño que continuar coa labor...
espero que teñades novas antes do Nadal...
saudiños

jueves, julio 06, 2006 4:29:00 p. m.  
Blogger Granpatranha said...

a ver a ver, que ya no sabemos que cocinar!

domingo, julio 16, 2006 1:44:00 p. m.  
Blogger Suso Roibal said...

Sinto haber tardado tanto tempo en cociñar algo novo, pero a verdade é que está visto que o meu non son as cazolas nin os pucheiros...:)
Por iso é para abrir boca, recomendo que lle votedes un vistaziño a esta páxina que está moi interesente

http://www.cocinalia.blogspot.com/

miércoles, septiembre 27, 2006 10:14:00 p. m.  
Blogger Suso Roibal said...

a ver si agora funciona o link...:)
cocinalia

miércoles, septiembre 27, 2006 10:17:00 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home